Ola compañeiros e compañeiras.
Hoxe imos a poñernos con rombón de castiñeiro, este é un instrumento que soa moi ben, e ademais é doado de facer, este instrumento pernítenos tocar unha melodía con diferentes notas que varían segundo tapemos os buratos que ten.
O que nos fai falla para facelo son:
- Unhas baras de castiñeiro de diferentes diámetros, unha máis longa do tamaño, de como mínimo como unha frautra.
- Un tixeira de poda.
- Un coitelo que corte moi ben.
Agora que temos isto o que temos que facer é baleirar a bara de castiñeiro máis longa da madeira, xa que para o instrumento só nos imos a valer da codia, con esta bara imos a facer o corpo do instrumento. Para baleiralo imos facer igual que fixemos na frauta de castiñeiro, fregamos co mango da coitela a pel do castiñeiro, e despois retorcélomo coa man ata que se desprenda e quitámola tirando dela. Se raxa ou rompe ou perde aire a cáscara, xa non nos serve para facer instrumento, xa que isto afectará ó son.
Esta é a bara de castiñeiro máis grande que imos baleirar. |
Aquí temos como se ve a cáscara de castiñeiro e a madeira xa separados. |
Nesta imaxe vemos como queda baleira de todo a codia. |
Cando xa temos feito isto imos a facer a parte do instrumento que soa, para iso collemos unha rama finiña e baleirámola, entón coa cáscara aplastámoslle unha punta e rascámola co coitelo ata que ese estremo que de finiño, entón ó metelo na boca e soprar tiñamos que conseguir sacarlle son.
Aquí temos a ramiña da que facemos a palletiña que vai tocar. |
Nesta imaxe vemos como queda a palletiña despoi de rascala co coitelo. |
Entón así que temos feito isto, normalmente a cáscara que temos para facer o instrumento non encaixa ben na palleta, xa que a palleta é moi delgada para encaixar nel, entón para isto o que imos facer é ir baleirando outras ramas e ir encaixando as cáscaras no corpo do intrumento, ata que sexamos capaces de intruducir a palletiña, para facer isto cada vez temos que ir poñendo unha cáscara máis fina. No meu caso só me fixo falta poñer unha cáscara intermedia para que encaixara a palletiña. Así conseguimos motar o intrumento de xeito definitivo.
Nesta imaxe vemos a miña cáscara de castiñeiro, que xa está baleira, que utilicei de adaptadora. |
Agora vemos como encaixa a cáscara adaptadora dentro da que utilizamos como corpo do instrumento. |
Nesta imaxe vemos como queda o instrumento xa coa palletiña metida. |
Agora que o temos feito só queda poñerlle os furado, este faranse co coitelo cortando a cáscara, poñeranse onde máis fácil sexa para tapar, e a separación entre eles será a que máis comodidade aporte ó artista que o toque. Así que fagamos o último furado, cortaremos a parte final do instrumento a dúas veces e media da distancia entre os diferentes furados, do último furado.
Así sería como nos quedaría o instrumento ó final, coas madeiras que resultaron de baleirar as cáscaras que utilizamos. |
Así sería como quedaría cos furados. |
Agora só lle hai que soprar pola palletiña e xa ten que soar, segundo lle tapedes os diferentes furado fará as diferentes notas.
Espero que vos saíse e que vos gustara tanto facer este intrumento como tocar con el.
Un saúdo a todos e gracias pola vosa atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario