miércoles, 29 de diciembre de 2010

Prensentación:

Para comenzar vou falar un pouco de min.
Eu son un rapaz da provincia de Lugo que levo tocando a gaita dende fai uns anos, e ó longo deste tempo disfrutei moito tocando cos compañeiros dos grupos ós que pertencín e pertenzo, ou nalgúnhas ocasións eu só, neste último caso normalmente para disfrute de veciños e familiares.
Pasei por tres grupos, pero nun deles a miña estancia foi moi fugaz, só ensaie con eles e que recorde nunca cheguei a tocar coa agrupación en nigunha actuación. Ó primeiro grupo que pertencín e ó que máis cariño lle teño, é ó grupo Mencer de Castro Ribeiras de Lea, neste grupo foi onde collín a gaita por primeira vez e dende aquelas xa non a deixei, despois pasei fugazmente por Meigas e Trasgos de Sarria, e actualmente estou na Agrupación de Peleriños de Sarria, na que tamén me atopo moi agusto e contento.
Outras cousas que teño feito no ámbito musica foi a elaboración dunha ocarina dun corno de vaca e unha frauta traveseira do rabo dunha basoira; ademais intentei facer unha gaita de sabugueiro, pero non tiven sorte, é a miña asignatura pendiente. Tamén fixen chifros de castiñeiro e de cana de centeno, pero iso sabe facelo calquera que vivira na aldea, igual que a frauta traveseira, e senón preguntádelle ós avós, que son unha fonte inagotable de coñecementos.
Ultimamente tamén me deu por compoñer unha peza e ata aquí chega o que fixen ata de agora.
Dentro de pouco tempo voume alonxar de Galicia e non vou ter contacto con outros gaiteiros, tamén por iso fago este blog para non quedar moi aillado e poder aprender outras cousas da música galega, ademais así podemos intercambiar coñecementos dos gaiteiros das diferentes partes de Galicia.
Agradecería que a xente fose comentando e así poder manter contacto con ela. Pola miña parte mirarei esta páxina tan amiudo como poida e ireina actualizando. O ideal sería que fósemos enviando e publicando pezas e partituras, para polas a disposición de toda a xente que estea interesada na música galega e que as necesite.
Un saúdo a todos.

O comezo:

Ola bos días a todos.
Por fin despois de moito dubidar me decidín a facer un blog para falar dun mundo que me motiva moito e me xera moitas inquedanzas. Este mundo é o da música galega, sobre todo o relacionado coa gaita galega de fol.
Vou utilizar este blog para que outros gaiteiros se poñan en contacto conmigo e eu con eles, e así xerar redes de comunicación entre nós e compartir as cousas que sabemos para enriquecer máis a nosa cultura. E sobre todo para aprender uns dos outros.
Un saúdo a todos.