jueves, 28 de abril de 2011

De volta de vacacións:

Ola compañeiros.

Xa volvín de vacacións, nesta semana santa acudín a un curso en Lugo organizado por Cántigas e Frores, no que aprendín moitas técnicas para adornar pezas e como se fan novos instrumentos artesanais galegos, ata agora estiven algo liado, pero a finais desta semana ou comezo da seguinte, vou comezar a poñer pezas novas aplicando o que aprendín, e tamén revisarei as xa postas. As técnicas de gaita foronme impartidas polo mestre de gaita Daniel Bellón, que é un grande maestro e como puiden comprobar un moi bon gaiteiro.

Ademais tamén comezarei a poñer novos intrumentos artersanais que aprendín a facer e todos os que fixen nesta semana santa.

Un saúdo a todos.

viernes, 8 de abril de 2011

O chifro e a flauta de castiñeiro.

Ola compañeiros, como o prometido é deuda, aló vou con esta nova entrada.

Desta voltaímos a facer un chifro de castiñeiro, estes son instrumentos moi fáciles de facer, e de estragar mentres se fan, polo que hai que facelo con coidadiño, o seu grande problema é que non son duradeiros no tempo, xa que en dous ou tres días sécanse, enrugánse e paran de soar.

Para facer este instrumento fan falla os seguintes materiais:
  1. Unha rama de castiñeiro ben dereita e cos menos nudos posibles.
  2. Unha tixeira da poda.
  3. Un coitelo que corte moi ben.

O primeiro que temos que facer é ir a buscar a rama de castiñeiro e buscaremos unha ben dereita e que teña o diámetro parecido a unha flauta das compradas ou algo máis ancha. Entón cortámola á medida que queiramos coa tixeira da poda. Hai que ter en conta que a madeira de castiñeiro só serve para facer este instrumento cando lle está a subir a sabia, xa que senón non damos separado a corteza da cerna.

Entón para separar a corteza da cerna, collemos e fregamos con forza o mango do coitelo ou a podadora contra a corteza do castiñeiro, ata que comece a espumar e rezumar sabia polos bordes que cortamos, así que pase isto collemos e agarramos a bara de castiñeiro e retorcémola como se estivésemos a escorrer un trapo, entón notamos que a corteza se move sobre a cerna, entón imos facendo esta manobra sobre toda a bara ata que se despegue toda a pel.

Agora que temos a pel depegada collemos e cortamos a cáscara por un dos extremos sen cortar a cerna, e entón vemos que se despega, entón agora agarramos a cerna que quedou descuberta e tiramos dela, e entón conseguimos sacar toda a cerna e deixar a cárcara.

Este proceso é algo complicado de explicar, se non o entendedes fago un vídeo de como se fai e súboo.

Agora que temos a cerna por un lado e a cáscara do castiñeiro polo outro, cortamos dúas rodas de cerna, unha desas rodiñas quitámoslle unha laca por un lado, e con elas tampamos os extremos da cáscara do castiñeiro, observamos que a rodiña que lle cortamos un cacho non tapa de todo o furado da cáscara, pero haino que deixar así porque é por onde imos a soprar para obter o son, neste extremo facemos un corte en bisel como o dunha flauta.


Nesta imaxe podemos ver o corte en bisel para que faga son.


Nesta imaxe vemos a rodiña que tapa un dos extremos da cáscara e que é pola que imos a soprar.

Nesta imaxe vemos como quedou o outro extremo da cáscara de castiñeiro tapada.

Agora de sopramos polo extremo que lle deixamos unha regandexa na tapa, obtemos un son, este instrumento que acabamos de obter chámase Chifro de Castiñeiro. E sempre dá a mesma nota, aínda que pode variar ca forza que se sopre. Hai outra variante na que en ver de poñer dúas tapas, poñemos pola que se sopra e na outra tapamos co extremo da cerna que quitamos, entón se sopramos como no caso anterior sona, pero se mentres sopramos introducimos máis a cerna na cáscara cambia o son máis a agudo e se a retiramos cambia a máis grave, e así podemos obter unha variación do son.

Se ó chifro de castiñeiro lle facemos uns furados para tapar cos dedos, obtemos a flauta de castiñeiro, que se toca como calquera flauta.

Espero que se o intendades facer vos salga, se tedes calquera dúbida intentarei aclarala.

Un saúdo a todos e gracias polas vosa atención.

jueves, 7 de abril de 2011

Instrumentos de castiñeiro e novas partituras:

Ola compañeiros.

Antes de nada felicitarvos a todos por que por fin chegamos a 500 visitantes despois do pouco tempo que ten este blog, agradezovos moito que vaiades lendo as cousas que escribo e comparto con vós. A ver se damos chegado as 1000 e pouco.

Mañá vou poñer como se fai un dos instrumentos fabricados de castiñeiro, pero para outras semanas poñerei máis, non dei publicado antes porque estes instrumentos son moi delicados e rompen fácil na súa construcción e ademais é complicado atopar a madeira que fai falla para facelos, xa que dá moito que buscar, sobre todo neste tempo que estou nunha cidade. E prefiro publicar os instrumentos con fotos de como se van facendo, xa que queda máis clara a súa construcción e enténdese mellor á hora de cos fagades.

Ademais vou subir outras dúas pezas, que personalmente me gustan moito, unha delas é a coñecida "Camposa" e a outra é unha peza que me gusta xa dende que comecei a tocar e lla oín interpretar ó meu mestre que é a "Muiñeira dos Sete Estalos".

Un saúdo e gracias. Espero as vosas visitas e tamén as vosas opinións.