lunes, 28 de febrero de 2011

Ocarina de corno de vaca:

Ola bos días a todos.

Para continuar cos intrumentos galegos artesanais hoxe vou falar de como se fai unha ocarina do corno dunha vaca. É algo máis complexo de facer que o da flauta de rabo de escoba, pero non é difícil.

Para logralo só nos fai falla:
  1. Un corno dunha vaca.
  2. Unha caldeira con auga.
  3. Un taco de madeira
  4. Un coitelo.
  5. Unha lixa fina.
  6. Barniz de madeira.
  7. Un taladro.
  8. Unhas brocas do ferro.
  9. Cera dunha vela.

O primeiro que temos que facer é conseguir o corno da vaca, para isto podemos buscar algún que lle rompera a unha vaca, ou o que podemos facer, que é o que fixen eu, é pedirllo a algún gandeiro cando lle corte os cornos a unha das súas vacas.

Despois de conseguilo, o máis normal do mundo, é que traiga o óso por dentro, e a nós iso non nos interesa, entón para conseguir baleirar o corno ímolo cocer, para iso fai falla unha caldeira con auga e deixalo fervendo nela bastante tempo, o que si vos dou un consello, que non o fagades na casa, xa que cando se coce un corno cheira moitísimo. Despois de cocelo o óso xa se despega só. Eu cocinos ata que se lles despegou o óso dentro da caldeira.

O seguinte paso é deixalo enfriar, así que enfrie collemos e facemos unha peza de madeira do tamaño da abertura do corno para tapala, esta peza ten que ter forma de moeda, eu para facela collín unha estela de leña (hacha), serreina perdendicularmente e labreina cun coitelo ata que entrou a presión.

Así é como ten que quedar a tapa.


Despois disto facemos un corte en bisel no corno, que acaba onde comeza a tapadeira, como vemos na foto anterior, para isto damos un corte perdendicular no corno ata onde chega a tapadeira ata chegar á luz deste, e despois facemos un corte o máis oblícuo posible que se dirixa cara o corte perpendicular que fixemos, ata que se xunten, e como resultado dá o que se ve nesta imaxe:


Aquí podemos ver como queda o bisel.


Agora debemos facerlle un corte á tapadeira de madeira que coincida co bisel que acabamos de facer, para que quede parecido ó dunha flauta doce (de aí me veu a idea de facelo así) e é por onde se vai soplar para que sone o instrumento.

O seguinte paso é facerlle unha serie de furados na mesma cara que fixemos o corte en bisel para poder tapar cos dedos e así acadar diferentes sons, estes farémolos co taladro e coa broca de ferro, sen ter o modo martelo do taladro posto, estes furados deberán ser de diferente tamaño para que consigan diferentes notas, e quedaría como se ve na imaxe seguinte:

Nesta imaxe vemos os furados para os dedos

No meu corno só collían cinco furados, pero faremos tantos como nos collan no corno. Chegados a este punto o corno xa tiña que sonar, se perde aire pola tapadeira de madeira que non quedou ben axustada, o que podemos facer é meterlle un pouco de cera derretida para que non o deixe pasar. O son que se acada é un son moi doce.

Por último podemos lixar e barnizar o corno para que quede máis curioso e xa está completado este instrumento.


Así foi com o quedou o meu.

Un saúdo a todos compañeiros, espero que vos gustase e vos salga ben.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Unha flauta de rabo de escoba:

 Ola bos días a todos.

Hoxe vou a comezar a pór como se fan unha serie de intrumentos de forma artesanal que calquera pode facer na súa casa, moitos deles só os coñecía polo que me teñen falado os vellos, xa que me contaban as historias de como os facían, cando eles eran novos, e como se divertían cando ían coas vacas ó monte e se xuntaban todos para pasar o tempo. Doulle as gracias a toda a xente que me ensinou a facelos, entre os que están os meus avós. Ademais gústaríame que moita xente os aprendera a facer para que así non se perdera un deses pequenos tesouros que garda a sabiduría popular, e non caian no esquecemento.
Máis adiante hei de facer unha páxina como fixen coas partituras para poñer os diferentes instrumentos todos xuntos, non vos esquezades de mirar as párituras que aínda sigo publicando nelas.

Frauta de rabo de escoba:

Para facela só fan falla:
  1. Un rabo dunha escoba vella: que preferiblemente ten que ser de madeira, aínda que eu a fixen cun rabo dunha escoba de plástico e soa igual, a única condición é que estea oco.
  2. Un ferro que se poda poñer ó roxo vivo.
  3. Un corcho dunha botella.
  4. Un pouco de cera de vela.
  5. Serreta de madeira ou de ferro.
Entón collemos o rabo da escoba e cortámolo á medida, a miña debe medir como dúas cuartas, se é de plástico cortámola coa serreta, porque senón escachiza todo.

Despois disto facemos os furados, para isto collemos o ferro, eu utilicei o ferro da cociña de leña, e poñémolo o roxo vivo e furamos o rabo da escoba, un furado deberá estar cerca dun dos extremos para que nos sirva para soprar, despois deixamos un espacio e facemos outros 6 furados na mesma dirección e un séptimo un pouco ladeado, xa que estes seis furados son para tapar cos dedos, e o séptimo é para tapar co meñique, e ladeámolo un pouco para que sexa máis fácil de tapar, a distancia entre estes furados poñerase segundo a comodidade de cada un, para que sexan fáciles de tapar.

Por último taparemos o extremo que ten o furado que nos serve para soprar, para isto labraremos o corcho para que entre a presión e non deixe escapar o aire, se segue a escapar aire, o que temos que facer é recubrir as xuntas cun pouco de cera.

Agora xa temos unha frauta estilo traveseira que, polo menos a miña, sona bastante ben.

Como sempre, se queredes poñervos en contacto conmigo para algo mandádemo á dirección de correo electrónico.


Un saúdo a todos compañeiros.

Nesta imaxe podemos ver as dimensións da flauta que eu fixen.
Nesta imaxe vemos a flauta de lado.
Nesta imaxe vemos como queda colocado o corcho para que non perda aire.
Aquí vemos como queda o furado para soprar.

sábado, 12 de febrero de 2011

Xa volvo estar en activo

Ola a todos, estes días estiven moi ocupado, pero xa volvo a colgar máis partituras e irvos falando de diversas cousas interesantes relacionadas co mundo da música galega, se queredes que publique algunha cousa que vos pareza interesante poñédevos en contacto conmigo polo correo de gateiromencer@gmail.com, e xa lle fago unha entrada neste blog.
Xa aproveito esta entrada para dicirvos que visitedes esta páxina, http://folkintrio.blogspot.com/, que deixou anotada nun comentario un compañeiro gaiteiro, esta páxina trata sobre o Programa de Folk na Cuac FM da Coruña.
Un saúdo a todos.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Actualización da listaxe das pártituras

Ola compañeiros:

Para máis comodidade cambiei a forma de ver as partituras, agora en vez de poñelas nunha entrada púxenas nunha páxina. Para entrar a velas só tedes que clicar onde pon listaxe de partituras que está xusto enriba de todo e ó lado de onde pon páxina principal.

Un saúdo a todos.