domingo, 3 de julio de 2011

Enquisa do material da gaita:

Hola de novo compañeiros.

Como xa veríades que o material preferido da xente que votou nesta páxina, para construír gaitas, foi o buxo, a miña gaita tamén é de buxo e non a cambiaría por nada, xa que é moi xeitosa e soa moi ben, as demais madeiras tamén fan unhas gaitas moi fermosas, pero non sei se porque é a miña de buxo, ou por calquera outra cousa, pero a min, persoalmente a que máis me gusta é a gaita de buxo.

A miñ foi feita polo artesán Anxo, que, se non me equivoco, era da Terra Chá.

Un saúdo.

Unhas pezas pequenas pero fermosas:

Vou engadir á lista das partituras outras dúas pezas que acabo de conseguir que son a Ribeirana de Pontevedra e o Psacorredoiras de Vilanova. Estas pezas pertencen ó Cancioneiro de Casto Sampedro, e aínda que son curtas teñen moito ritmo e soan moi ben.

Volvemos a andar as andadas:

Olas compañeiros e compañeiras do espacio do gaiteiro.

Tiven un pequeno silencio dunhas semanas porque me marchei de Galicia, pero con intención de volver, e mentres non me dei acomodado non puiden seguir co blog, así que agora xa volvo á carga, seguirei describindo instrumentos galegos artesanais que vaia facendo e ademais tamén irei subindo as partituras que vai conseguindo, ou aprendendo.

Sempre seguirei esperando os vosos comentarios, opinións, pezas que queirades que poña que me mandedes ou se queredes que vos faga unha entrada no blog.

Un saúdo moi grande a todos da miña parte.