Hoxe é obrigatorio falar deste gaiteiro de Lugo do pobo de Castelo de Somoza do Incio. Este señor é un dos grandes gaiteiros que coñezo, aínda que é máis coñecido como palleteiro canda o seu fillo Antonio.
A este grande gaiteiro téñolle moito aprecio, xa que é moi bo tanto na gaita como na súa cida diaria, ademais se te paras a escoitalo cóntache historias moi boas, que lle pasaron na súa vida.
Eu coñézoo dende sempre xa que é do mesmo pobo do que é unha bisaavoa miña, e personalmente díxome dous consellos cando aínda estaba comezando a tocar: "neno ten en conta que hoxe en día da gaita é moi difícil vivir, así que mentres sexas novo estudia, pero tampouco esquezas a gaita" e tamén me dixo "cando toques ten coidado xa que en Galicia hai moitos gaiteiros, pero moi poucos temperadores".
Hoxe acábome de interar que o acaban de nombrar Fillo Adoptivo do concello do Incio, isto é unha noticia que me alegra moito, xa que así recoñécense tódolos anos que este grande gaiteiro leva traballado e os esforzos que leva feito, e que gracias a persoas como el a nosa cultura aínda segue viva e non perde forza.
En resumo só podo darlle a noraboa a este grande gaiteiro que o ten moi merecido, isto e moito máis.
Un saúdo a todos.
P.D: se alguén ten curiosidade pola súa historia avisádeme e cóntovos o que me contou dela.
Para máis información deixo aquí a noticia segundo a conta o progreso de Lugo:
O Concello do Incio recoñecerá o labor de dous dos seus veciños máis internacionais: a cantante Lucía Pérez e o gaiteiro e fabricante de palletas Rubén González, que serán nomeados Filla Predilecta e Fillo Adoptivo do municipio, respectivamente. As designacións someteranse a votación o vindeiro día 4, no primeiro pleno ordinario do ano no Incio.
A proposta parte do alcalde, Ángel Camino, por entender que os dous acumulan méritos máis que suficientes polo seu traballo e a contribución para dar a coñecer o nome do Incio. Estas distincións veñen sumarse á da ex conselleira Manuela López Besteiro, única Filla Adoptiva ata esta data.
Rubén González naceu no 1925 en San Xoán de Randín (Ourense). Afeccionado á música dende moi novo, con só dez anos mercou a súa primera gaita e, pouco despois, construíu un bombo e un tambor con bidóns e pelexos de ovellas. Con 19 anos trasladouse a Castelo de Somoza, parroquia do Incio da que era natural súa nai e onde continúa residindo. Neste concello comezou a tocar nun quinteto en Noceda e, aló polos anos 70, formou o grupo de gaitas Os Agarimos. Xunto co seu fillo, Antonio González, e outros integrantes como Jesús Vila, ‘O Cuarenta’, José ‘O Crego’, Amadeo Goyanes, Suso Vila ou Borja, Os Agarimos realizaron múltiples actuacións en lugares como San Clodio -onde tocaron 30 anos consecutivos- ou nas tradicionais danzas da Cervela.
Home polifacético, foi ferreiro, zoqueiro, enterrador e empregado de Magnesitas de Rubián pero, sobre todo, fabricante de palletas. «Hoxe en día é, xunto co seu fillo Antonio, un dos artesáns máis recoñecidos neste eido. O nome deste concello é coñecido e ‘soa’ nunha boa parte do mundo grazas ás palletas que Rubén González elaborou», explica o rexedor.

grande Rubén! sí señor! Xa teño tocado con palletas del e a min non me foron nada mal.
ResponderEliminarEu aínda sigo tocando coas palletas del, e sonan moi ben, falando diso teño que irllas comprar dentro de pouco.
ResponderEliminarhttp://milesios.blogaliza.org/2011/01/10/o-espazo-do-gaiteiro/
ResponderEliminarD.E.P. ( † 30/03/2018 )
ResponderEliminarhttps://www.facebook.com/groups/apobradobrollon/permalink/10156267860623832/