Ola bos días a todos e todas.
Outra vez máis estou a escribir no blog para falarvos doutro instrumento artesanal galego, hoxe do que vou tratar é sobre un instrumento feito a partir dun corno de vaca, que nos dá unha nota constante. O nome deste instrumento é o de corno. É un instrumento moito máis fácil de facer que os anteriores. Os pasos e materiais que fan falla para facelo son moi parecidos ós da ocarina de corno de vaca.
Os mateirais que nos van facer falla son os seguintes:
- Un corno de vaca.
- Unha caldeira de auga.
- Unha serreta do ferro.
- Unha lixa suave.
- Barniz de madeira.
O primeiro paso que debemos realizar é o de baleirar o corno, e facémolo como xa expliquei para a ocarina de corno de vaca.
Nesta imaxe podemos ver o corno baleirado. |
Así que temos o corno baleirado, o que vamos facer é cortalo, perpendicularmente, polo seu extremo máis afilado, este extremo é macizo, pois temos que ilo cortando ata que deamos coa luz do corno.
Así é como nos queda cando imos cortando ata dar coa luz do corno. |
Así que fagamos isto, xa está case todo feito, entón podemos barnizalo e lixalo para deixalo máis curioso.
Este sería o resultado final. |
Agora que o temos este instrumento tócase de dous xeitos posibles, un deles é tocalo como unha trompeta e o outro é tocalo colocandolle unha palleta ou un pallón no furado que fixemos.
Estes son os tres instrumentos que describín como se facían ata agora. |
Este instrumento era moi fácil de facer espero que vos saíse sen problema, pola miña parte vou seguir buscando instrumentos galegos artesanais, e como sempre colguei máis pezas na listaxe de partituras, e entre elas teño o Pirimpimpín de Mavela.
Un saúdo a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario