viernes, 20 de mayo de 2011

Novas parituras:

Ola compañeiros.

Unha vez máis actualicei a lista das partituras, nela deixovos a Mazurca de Bretoña, que é unha peza moi fácil de tocar, e ademais moi fermosa. Pero tamén vos deixo a Carreiriña, que é unha Polka que toca o Rubén de Castelo de Somoza, un gaiteiro dos de antes, que lle teño moito aprecio e respecto,e tamén é unha peza moi alegre e con moito ritmo.

Espero que vos guste, seguirei traballando para traervos máis cousas, pezas e instrumentos novos.

Un saúdo a todos.

jueves, 19 de mayo de 2011

Instrumentos artesanais.

Ola compañeiros.

Como esta páxina foi medrando moito, faise difícil encontrar o instrumento que un quere consultar, así que para facilitar as cousas, fixen un índice ó comezo da páxina onde está o nome dos instrumentos que teño explicados, e así con clicar en riba do nome do instrumento que queremos ver xa nos aparece.

Un saúdo.

martes, 17 de mayo de 2011

Resultados da encuesta:

Ola Compañeiros.

Segundo a encuesta que vos puxen, de en que formato queriades as partituras, gañou a de poñelas en PDF, así de aquí para diante todas as partituras que poña han de ser en formato PDF.

Un saúdo a todos, e bo día.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Axudade a estes amigos que tamén tocan a música galega:

Ola de novo

Votade nesta páxina para que o grupo milesios poida actuar no festival de Ortigueira.
 http://www.festivaldeortigueira.com/grupos/runas.php?lg=gal

Un saúdo compañeiros.

Outro par de partituras:

Ola compañeiros e compañeiras do Espacio do Gaiteiro.

Hoxe vou colgar outras dúas pezas, que particularmente, me gustan moito, estas son a coñecidísima Folíada de Tenorio e o Valse dos Vellos, tanto unha como a outra tocábaas cando estaba no grupo Mencer e soaban moi ben, ademais a Folíada de Tenorio é unha peza en ton menor do Gaiteiro de Soutelo que se acompaña de letra. Espero os vosos comentarios a ver que vos parece.

Ademais teño outra cousa que dicirvos, os quen non a saibades, que en youtube hai uns vídeos de gaiteiros da Fonsagrada, que tocan moi ben, se non os vistes merece moito a pena que os vexades, porque está moi ben.

Un saúdo compañeiros e ata loguiño.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Máis pezas e partituras:

Ola compañeiros.

Outra vez máis puxen un par de pezas, unha delas é unha pandeirada, que como xa sabedes, é un estilo de peza, que case todas levan o mesmo nome, e que eran pezas para cantar cun ritmo moi característico. Ademais déixovos unha peza que é do abó do meu mestre, que como todas as que lle coñezo é moi bonita.

Un saúdo a todos e non deixedes de visitar a páxina e ver as novidades, e se a ocasión o merece, de comentar algo.

domingo, 1 de mayo de 2011

O rombón de castiñeiro.

Ola compañeiros e compañeiras.

Hoxe imos a poñernos con rombón de castiñeiro, este é un instrumento que soa moi ben, e ademais é doado de facer, este instrumento pernítenos tocar unha melodía con diferentes notas que varían segundo tapemos os buratos que ten.

O que nos fai falla para facelo son:
  1. Unhas baras de castiñeiro de diferentes diámetros, unha máis longa do tamaño, de como mínimo como unha frautra.
  2. Un tixeira de poda.
  3. Un coitelo que corte moi ben.
Agora que temos isto o que temos que facer é baleirar a bara de castiñeiro máis longa da madeira, xa que para o instrumento só nos imos a valer da codia, con esta bara imos a facer o corpo do instrumento. Para baleiralo imos facer igual que fixemos na frauta de castiñeiro, fregamos co mango da coitela a pel do castiñeiro, e despois retorcélomo coa man ata que se desprenda e quitámola tirando dela. Se raxa ou rompe ou perde aire a cáscara, xa non nos serve para facer instrumento, xa que isto afectará ó son.

Esta é a bara de castiñeiro máis grande que imos baleirar.

Aquí temos como se ve a cáscara de castiñeiro e a madeira xa separados.


Nesta imaxe vemos como queda baleira de todo a codia.

Cando xa temos feito isto imos a facer a parte do instrumento que soa, para iso collemos unha rama finiña e baleirámola, entón coa cáscara aplastámoslle unha punta e rascámola co coitelo ata que ese estremo que de finiño, entón ó metelo na boca e soprar tiñamos que conseguir sacarlle son.


Aquí temos a ramiña da que facemos a palletiña que vai tocar.


Nesta imaxe vemos como queda a palletiña despoi de rascala co coitelo.

Entón así que temos feito isto, normalmente a cáscara que temos para facer o instrumento non encaixa ben na palleta, xa que a palleta é moi delgada para encaixar nel, entón para isto o que imos facer é ir baleirando outras ramas e ir encaixando as cáscaras no corpo do intrumento, ata que sexamos capaces de intruducir a palletiña, para facer isto cada vez temos que ir poñendo unha cáscara máis fina. No meu caso só me fixo falta poñer unha cáscara intermedia para que encaixara a palletiña. Así conseguimos motar o intrumento de xeito definitivo.

Nesta imaxe vemos a miña cáscara de castiñeiro, que xa está baleira, que utilicei de adaptadora.

Agora vemos como encaixa a cáscara adaptadora dentro da que utilizamos como corpo do instrumento.

Nesta imaxe vemos como queda o instrumento xa coa palletiña metida.

Agora que o temos feito só queda poñerlle os furado, este faranse co coitelo cortando a cáscara, poñeranse onde máis fácil sexa para tapar, e a separación entre eles será a que máis comodidade aporte ó artista que o toque. Así que fagamos o último furado, cortaremos a parte final do instrumento a dúas veces e media da distancia entre os diferentes furados, do último furado.



Así sería como nos quedaría o instrumento ó final, coas madeiras que resultaron de baleirar as cáscaras que utilizamos.

Así sería como quedaría cos furados.
 Agora só lle hai que soprar pola palletiña e xa ten que soar, segundo lle tapedes os diferentes furado fará as diferentes notas.

Espero que vos saíse e que vos gustara tanto facer este intrumento como tocar con el.

Un saúdo a todos e gracias pola vosa atención.