Ola compañeiros do blog do gaiteiro déixovos aquí as últimas pezas que aprendin, a verdade e que gustan bastante, sobre todo a Muiñeira de Poio e a Xota Vella, tamén a Predilecta e a Panxoliña teñen o seu aquel... ó final non hai peza fea, sempre depende do punto de vista.
O resto de pezas que vos deixo son a Xota dos Agarimos, que era a que tocaba o grupo do Rubén de Castelo cando amenizaba as romarías do interior da provincia de Lugo; Pasodobre de Toques, Pasodobre de Fraga e a Alborada de Manuel de Villanueva.
Ademais vou facer unha nova seción desta páxina na que poñer as diferentes xuntanzas de gaiteiros, alboradas e romarías das que me vai enterando, para que todos poidamos disfrutar da música que tanto nos gusta e tamén da compañía doutros gaiteiros e gaiteiras. (esta idea deuma unha lectora deste blog, moitas gracias).
Un saúdo a todos e seguide visitando o blog, gracias pola vosa colaboración.
O espacio do gaiteiro
Este é un espacio dedicado a tódolos gaiteiros galegos e xentes interesadas na nosa cultura. Con el pretendo conseguir unha comunicación entre os músicos da nosa terra e que haxa un intercambio de coñecementos, pezas e partituras, de xeito fluído. E cando chegue o momento, se chega, ter unha base de datos coas pezas de toda a Galicia para quen lle interesase consultalas, pero isto só se pode conseguir entre todos.
domingo, 15 de julio de 2012
lunes, 12 de marzo de 2012
Quitando a ferruxe:
Ola a todos compañeiros e compañeiras, despois de moito tempo, por fin me podo volver dedicar a seguir ofrecéndovos pequenos anacos da cultura galega. Dende agosto non tiven nin un respiro para atender este blog, pero agora vou voltar á carga.
Así que para quitarlle todo o ferruxe que xuntou neste tempo o blog, vouvos subir as seguintes pezas:
A Farruquiña, que é unha peza dos Campaneiros que personalmente me gusta moito.
Farruquiña. chama á porta, que é unha muiñeira dos Gaiteiros de Soutelo.
Loliña que é outra muiñeira que ten un ritmo moi bonito e que tamén é das miñas favoritas, espero que vos guste.
A seguinte é unha muiñeira tradicional.
Despois déxovos dous pasodobres que son moi coñecidos por Galicia adiante, que son o de San Roque e o de Viascón.
As últimas dúas pezas que vos deixo son a Ruada de Rebordelo e o Valse do Miro.
Con estas pezas, penso que de momento, xa lle caeu algo de ferruxe ó blog. A partir de hoxe seguirei traballando nel e espero, coma sempre, a vosa axuda para seguir continuando con este traballo.
Unha cousa que se me esquecía, se alguén ten a partitura de "Ai, Maruxiña", pódema pasar? E que unha compañeira gaiteira que segue este blog está interesada nela. Moitas gracias de ante man.
Para despedirme só desexar que sigades lendo o espacio do gaiteiro, ata logo e MOITAS GRACIAS A TODOS.
domingo, 14 de agosto de 2011
Algunhas cousas novas:
Ola compañeiros e compañeiras.
Xa había tempo que non publicaba cousas novas, de aquí para adiante intentarei publicar máis amiudo. Téñovos que agradecer unha cousa moi importante, lectores do espacio do gaiteiro, xa que superamos as 1000 visitas, moitas gracias por seguir lendo este blog, xa que me dá moito ánimo que sigan a subir as visitas e así recompensa o traballo que dar ir escribindo nel, que por outra parte fago con moito gusto.
Hoxe vou deixarvos unha serie de pezas, entre elas temos Airiños de Pol (unha peza de Javier Rodriguez Diaz), Muiñeira do Graceiras (Irmáns Garceiras de Melide), o Pasodobre de Monel Cuadrilha (peza moi fermosa, fácil de tocar e con moita rítmica que tocabamos no grupo Mencer para facer pasarrúas), a Xota da Guía (é unha peza do repertorio tradicional do noso país), A Muiñeira de Chantada (facilitada por Brais Freire) e María se que te llamas (facilitada por Victor Marti).
Moitas gracias por me mandar as pezas compañeiros.
Ata outra e non deixedes de visitar o blog, un saúdo moi grande.
domingo, 3 de julio de 2011
Enquisa do material da gaita:
Hola de novo compañeiros.
Como xa veríades que o material preferido da xente que votou nesta páxina, para construír gaitas, foi o buxo, a miña gaita tamén é de buxo e non a cambiaría por nada, xa que é moi xeitosa e soa moi ben, as demais madeiras tamén fan unhas gaitas moi fermosas, pero non sei se porque é a miña de buxo, ou por calquera outra cousa, pero a min, persoalmente a que máis me gusta é a gaita de buxo.
A miñ foi feita polo artesán Anxo, que, se non me equivoco, era da Terra Chá.
Un saúdo.
Unhas pezas pequenas pero fermosas:
Vou engadir á lista das partituras outras dúas pezas que acabo de conseguir que son a Ribeirana de Pontevedra e o Psacorredoiras de Vilanova. Estas pezas pertencen ó Cancioneiro de Casto Sampedro, e aínda que son curtas teñen moito ritmo e soan moi ben.
Volvemos a andar as andadas:
Olas compañeiros e compañeiras do espacio do gaiteiro.
Tiven un pequeno silencio dunhas semanas porque me marchei de Galicia, pero con intención de volver, e mentres non me dei acomodado non puiden seguir co blog, así que agora xa volvo á carga, seguirei describindo instrumentos galegos artesanais que vaia facendo e ademais tamén irei subindo as partituras que vai conseguindo, ou aprendendo.
Sempre seguirei esperando os vosos comentarios, opinións, pezas que queirades que poña que me mandedes ou se queredes que vos faga unha entrada no blog.
Un saúdo moi grande a todos da miña parte.
miércoles, 1 de junio de 2011
A votación do blog:
Ola compañeiros, como quedou a empate que parte vos gusta, ou valorades máis, as das partituras ou a dos instrumentos, que dou a empate, a verdade non me aclara moito. O bo e que vos gustan as dúas por igual.
Un saúdo a todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)